Roteiro Prehistórico-Arqueolóxico polos montes de Louredo.

Este domingo 29, puidemos facer un roteiro polos montes de Louredo, visitando algúns restos arqueolóxicos.

Contamos coa colaboración da Comunidade  de Montes de Louredo, Centro Cultural A Cividade de Louredo e a dirección do arqueólogo Alberte Reboreda.

Subimos ata o Chan do Marco en todoterreo, e despois a camiñar! Foron case 9 km.

O tempo ameazaba chuvia, e en algún momento caeron algunhas gotiñas, pero ó final saíu o sol, e ata facía calor.

Esta é a ruta, coas indicacións dos petróglifos e a mámoa.

Route 2.673.659 – powered by www.wandermap.net

 

Comezamos visitando o petróglifo de San Antoiño, a beira do campo de fútbol na urbanización. Este petróglifo salvouse de milagre, xa que está os pés do aparcamento e de todas as obras que se fixeron pola zona.

 

Petroglifo en San Antoiño

Petroglifo en San Antoiño

 

Despois montamos nos todoterreos e chegamos o Chan do Marco, onde comezamos a andaina, cunha “pequena” subida.

Subidiña

Subidiña

A Mamoa de Salgueiron

A Mámoa de Salgueirón

A Mamoa de Salgueiron

A Mámoa de Salgueirón

O can arqueólogo.

O can arqueólogo.

Despois seguimos ata o petróglifo de Salgueirón. Impresionante petróglifo, cunhas vistas estupendas do val.

Petroglifo de Salgueiron

Petróglifo de Salgueirón

Petroglifo de Salgueiron

Petróglifo de Salgueirón

Petroglifo de Salgueiron

Petróglifo de Salgueirón

Finalmente seguimos ata o petróglifo da Alarma, descuberto pola asociación fai apenas uns anos.

Petroglifo da Alarma

Petróglifo da Alarma

Petroglifo da Alarma

Petróglifo da Alarma

 

Agardamos que os asistentes desfrutasen da ruta e aprendesen sobre estes restos arqueolóxicos.

Recordade que non se deben “pintar”, nin marcar os petróglifos se os visitades. E procurar non pisalos moito, para evitar o deterioro de estas herdanzas con varios milenios de antigüidade.

 

Deixar un comentario