A Festa 2013. XII Festa da Prehistoria de Mos

A Festa 2013 concentrouse toda no sábado 10 de Agosto. Un día que como pronosticaran os meteorólogos, fixo MOITA calor!.

Xa dende primeira hora da mañá o sol comezou a castigar o poboado da Penacova. E os árbores que prantamos xa hai varios anos non dan medrado para dar suficiente sombra. Con todo, as diferentes tribus comezaron o ritual de involución, quitaron as súas roupas modernas, deixaron atrás os seus móviles (non, iso non, os móviles non os deixaron atrás, que o whatsupp non paraba de soar, enviando e recibindo fotos), vestiron os seus traxes prehistóricos, soltaron os seus pelos, colleron as súas armas prehistóricas e pintaron os seus corpos. A involución remataba, e daba comezo a: XII FESTA DA PREHISTORIA de Mos.

IMG_0676

Os carteis das tribus tamén servían para pintar. Os que mellor o pasan coa pintura son os máis pequenos.

IMG_0677

Este ano contabamos cun amplo catálogo de deseños a elixir, por se a imaxinación dos trogloditas non era dabondo.

IMG_0687

E non só o corpo pode ser pintado, tamén a cabeza.

Pintura corporal

Pintura corporal

As cabanas das tribus lucían perfectas cos últimos retoques, incluso tiñamos un pequeno refuxio para uso dos cativos, das mascotas ou de tribus unipersonais:

IMG_0693

Unha das primeiras actividades realizadas foi a da caza. Os prehistóricos tiñan que aproveitar as oportunidades de obter o seu alimento, e a presenza de dous cervos no recinto era unha grande oportunidade para ter unhas boas pezas de carne para o almorzo. Así que un grupo de intrépidos cazadores, armados de arcos e frechas colocáronse estratexicamente para cazar os cervos: detrás para que non os visen, e en contra do vento, para evitar delatar a súa presenza. Os nenos aprenderon rapidamente estas tácticas, e como disparar o arco.

IMG_0681

Os mellores cazadores víanse recompensados cunhas gominolas (non había cervos, así que eran osiños de gominola). Pero ó final, todos os participantes leváronse gominolas, o importante é participar e pasalo ben.

Despois da caza, chegou o momento de aprender que o pan tamén se pode facer de landras. César Lema ensinounos moitas cousas sobre as landras, sobre como se facía antigamente, e como se pode facer agora un sabrosísimo pan de landras.

Pan de landra e muiño de pedra

Pan de landra e muiño de pedra

 

Muiño de pedra

Muiño de pedra

Pan de Landras. Boísimo!

Pan de Landras. Boísimo!

As landras

As landras

O pan e as galletas de landras estaban boísimos!!

O pan e as galletas de landras estaban boísimos!!

Así que xa tiñamos carne e pan. Xa podíamos dar comezo a comida prehistórica! Ademáis de churrasco, pan, tamén tiñamos tortillas, empenada, pulpo a feira… Todo no bar que este ano levaron os amigos da tapería Bocados. E na cociña tiñamos nada menos que a Vilma Picapedra!!

IMG_0950

Vilma Picapedra cociñando para os cavernícolas.

Xa pola tarde, despóis da comida, e agardando a que a temperatura baixase un pouquiño, comezaron os preparativos para a tradicional batalla no Penedo da Pucha. As tribus visitantes atacan á tribu local, e despóis dunha cruenta batalla, o chamán pon paz, e propón que en vez de pelexar, fagamos uns xogos olímpicos da prehistoria. Este ano, para loitar contra a calor abafante, a batalla non so foi con pedras, tamén tiñamos globos de auga. Moitos globos de auga!

IMG_0759

Despois de facer as paces, todos as tribus son presentadas, agradecendo a súa presenza e colaboración no futuro da festa. E algo que os prehistóricos sabían e non debemos esquecer, a terra, a natureza é moi importante, dela obtemos os recursos para sobrevivir. Así que coa colaboración de todos, rápidamente recollemos os restos dos globos estoupados, e aproveitamos para recoller algunha basura, que outros humanos máis modernos, pero menos civilizados deixaron polos montes.

IMG_0806

O Bardo Abelardo, contacontos e pacificador das tribus.

Despois dos contos do Bardo Abelardo, que fixeron as delicias de nenos e maiores deron comezo os xogos da Prehistoria. Este ano tivemos os bolos, o tiro da corda, e por suposto os troncomóviles!!!

Tres pequenas cavernícolas no troncomóvil

Tres pequenas cavernícolas no troncomóvil

O Troncomóvil

O Troncomóvil

E para preparar a cea, ademáis de carne e pan, para ter unha dieta equilibrada precisabamos algo de froita e pescado. Así que a xincana de este ano de iso tratou, de recoller froita: moras, fresas… gusanos… todo de gominolas! Tivemos diversas etapas: a carreira a pé, o pedracesto, a barra de equilibrio, o laberinto a cabalo, os troncomóviles. E este ano tamén tivemos a pesca! Na charca da Penacova tiñamos uns fantásticos salmóns que había que pescar con caña.

Os vencedores da xincana foron unha das tribus máis antigas da Festa, os Xovencas de Mos que venceron na final os roqueiros de Collón de Lola. Pero logo perderon na proba do tiro da corda. Non se pode gañar a todo.

Os Xovencas no tiro da corda

Os Xovencas no tiro da corda

Depois dos xogos, e coas cámaras do programa Vaia Troula como testigos, chegou a actuación de Troula Animación, que levantaron o espíritu bailón dos cromañóns.

A TVG na Festa da Prehistoria

A TVG na Festa da Prehistoria

Baile con Troula Animación

Baile con Troula Animación

En éxtase!!

En éxtase!!

Bailando todos!

Bailando todos!

 

O zancudo

O zancudo

 

Un xigante asusta os nenos!

Un xigante asusta os nenos!

Pero Tito dos Seixos Brancos loita contra o xigante

Pero Tito dos Seixos Brancos loita contra o xigante

A noite, despóis da cea prehistórica, tivemos a invocación dos espíritus dos antergos soterrados na Mamoa, coa axuda de Troula Animación, e o lume invocador.

A invocación ós espíritus!

A invocación ós espíritus!

O lume ritual!

O lume ritual!

IMG_0983

E acto seguido comezaron as actuacións de Tati’s Joplin, Collón de Lola e Millo, que víronse acompañados pola chuvia de meteoritos, as Perseidas que podían observarse bastante ben dende o recinto da Penacova.

Bailando na madrugada

Bailando na madrugada

IMG_1027 IMG_1021

Agardamos que desfrutarades da Festa, tanto grandes coma pequenos, que repitades o ano que ven, que traíades máis amigos, con ganas de divertirse dun xeito diferente, que fagades unha Festa da que se poida presumir e que fagades que o traballo empregado se vexa recompensado pola vosa presenza, o voso divertimento e a vosa sonrisa!
Xa sabedes onde estamos, se tedes ideas, comentarios, queredes colaborar dalgunha forma, compartir fotos, por mail, teléfono, Facebook, Tam Tam…

Agardámosvos o ano próximo!

Un resumo da Festa nunha foto!  De seguro que se é por elas, o ano que ven repiten!

Un resumo da Festa nunha foto! De seguro que se é por elas, o ano que ven repiten!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s