Comezan as actividades previas da Festa da Prehistoria

VENRES 3, ás 19:00h. Na sala de exposicións do Pazo de Mos, Inauguración da exposición “ARTESANÍA DA PREHISTORIA” (todo o mes de agosto).

Mostra de artesanía relacionada coa Prehistoria polo seu deseño e reproducións de ferramentas e útiles do Paleolítico, Neolítico, Idade do bronce e do ferro. Os artesáns e obradoiros participantes son:

Xabi Garrido (Oia): Reproducións de petróglifos gravados en lousas de pizarra.

Pablo Leal (Teo): Esculturas de bronce de pequeno formato e reproducións de puñais de antenas, torques, arracadas e outros motivos da Idade do Ferro.

Obradoiro “Tapices Galicia” (A Coruña): Tapices realizados en tear de alto lizo con deseños rupestres e célticos.

Regal Cerámicas (Viveiro): Un dos mellores ceramistas galegos.

Marcos Escudero (Mós): Reproducións de ferramenta lítica pulida, muíños de man, morteiros, deseños  prehistóricos e plástica castrexa sobre pedra.

Manuel Ledo (Vigo): Reproducións de Bifaces do Paleolítico e debuxos rupestres.

Verónica Duarte (Mós): Artesanía en Coiro.

Ás 20:00 h. no auditorio de Pazo de Mós, CONFERENCIA: “AS PEDRAFITAS EN GALIZA”- “Funcións e xeneralidades: Grupos específicos”.

O poñente será o membro da S.A.G.A. (Sociedade Antropolóxica Galega) X. Alberte Alonso Fernández, escritor e investigador especialista en pedrafitas (menhires) que leva case dúas décadas estudando o mundo das pedrafitas galegas e ven de publicar un

Pedrafita

Pedrafita galega

traballo no anuario que edita a S.A.G.A. “FOL DE VELENO”.

Ofrecerá unha breve visión sobre o descoñecido mundo das pedrafitas galegas, destacando o seu uso e reutilización ao longo do tempo,  así como a importancia que estes megalitos tiveron no devir social, cultural, relixioso e simbólico de Galicia. Achégase, asemade, unha proposta de clasificación destas pedrafitas e avánzase un estudo das funcionalidades que puideron ter no pasado.

Tapices Galicia – Petroglifo

DOMINGO 5 – EXCURSIÓN-VISITA GUIADA ÁS MÁMOAS DE ERVILLE.

Percorrido circular: saída ás 10:00 h. Alto de San Cosme / Chegada ás 13:00 h. Aprox.

Todos aqueles que desexen participar deberán inscribirse na seguinte deireción de correo electrónico festadaprehistoria@gmail.com

Estas actividades complementan a programación da 11ª edición da Festa da Prehistoria que se celebrara, como de costume, no segundo fin de semana de agosto. (os días 10 e 11).

One thought on “Comezan as actividades previas da Festa da Prehistoria

  1. Atención cromañóns, coma tódolos anos por estas datas, hai xente especulando co prezo do metro cuadrado no poboado da Penacova.
    Non fagades caso a especuladores de dubidosas intencións, o que sobra é monte libre para vivir a nosa prehistoria. Non vos perdades as últimas sorpresas na programación, cousiñas de última hora que iremos publicando aquí.
    UNGA A TODOS.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s