Sábado 18 de Novembro. Visita aos traballos de posta en valor da “Laxe das Cruces” e á nova estación rupestre descuberta na “Chan de Pou”.

Visita aos traballos de posta en valor da “Laxe das Cruces” e á nova estación rupestre descuberta na “Chan de Pou”.

Este sábado, 18 de novembro, ás 16:00h, terá lugar esta visita que partirá da Capela de San Gregorio, no lugar do Pantaño, na parroquia mosense de Louredo.

Os participantes poderán ver como evolucionan os traballos arqueolóxicos de posta en valor da Laxe da Cruces. Herminia Rodriguez, directora desta intervención, explicará a metodoxía aplicada así como o significado e cronoloxía das numerosas cruces gravadas nesta laxe.

Dende a Asoc. Cultural Festa da Prehistoria, xunto coa CMM de Louredo, viñamos demandando reiteradamente estes traballos de posta en valor e protección neste e noutros gravados da parroquia de Louredo xa que están expostos a multiples perigos constantemente. Ao paso das motos hai que sumar os incendios que o pasado mes de outubro estiveron a piques de estragar este gravado para sempre.

arqueólogos e voluntarios na limpeza das da Laxe das Cruces (2)

Grupo de arqueólogos e voluntarios facendo tarefas de limpeza e protección da Laxe das Cruces

Nico na Chan de Pou 2

Petroglifos na Chan de Pau

Novos gravados na Chán de Pou.

Foi precisamente o pasado día 9 de novembro, tralos incendios e colaborando co equipo arqueolóxico, cando varios membros da Asoc. Cultural Festa da Prehistoria descubrimos unha nova estación rupestre a 200 mts. da Laxe das Cruces, na Chan de Pou.

Os novos gravados son combinacións de coviñas ou cazoletas da Idade do Bronce e moi típicos do estilo rupestre doutros exemplares da parroquia de Louredo. Localizaronse nun par de rochas dun outeiro que domina visualmente o paso do Alto dos Valos e que, ao noso modo de ver, garda un enorme potencial arqueolóxico e etnográfico aínda por descubrir.

Dende a Asoc. Cultural Festa da Prehistoria xa comunicamos esta descuberta á Dirección Xeral de Patrimonio solicitando que os traballos que se están a realizar inclúan estes novos petroglifos.

cartaz laxe das cruces redes

A Asoc. Cultural Festa da Prehistoria forma parte da Rede do Patrimonio Cultural

A Rede do Patrimonio Cultural (RPC) botou a andar o día 3 de xuño de 2017 nun acto celebrado no Museo do Pobo Galego no que se aprobou un documento avalado por 69 asociacións e entidades galegas que entendemos o noso patrimonio cultural como un dos principais activos sociais, identitarios e económicos de Galicia e, polo tanto, un recurso estratéxico para a sociedade galega contemporánea que debe ser conservado e transmitido, nas mellores condicións, ás vindeiras xeracións.

A RPC é un instrumento orientado a aqueles ámbitos territoriais ou sociopolíticos que resultan de difícil acceso para cada unha das entidades en particular e dar visibilidade ás súas actividades e accións alén dos seus círculos habituais de difusión.

Con motivo do Día do Patrimonio Mundial que se celebra o 16 de novembro, as entidades que formamos parte da RPC organizamos actvidades relacionadas co patrimonio ao longo de toda a semana en toda Galiza.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s