Os concertos da XV Festa da Prehistoria de Mos

O cartel da XV edición da Festa da Prehistoria xa o coñecedes. Aquí vamos presentar un pouco máis os grupos que actuarán na Festa, durante a tarde e os concertos da noite fin de festa.

  • Durante a tarde-noite teremos a batucada “Bate no Cobre” que darán ritmo a cea prehistórica.
    Bate no Cobre
  • O Grupo Millo (https://www.facebook.com/grupo.millo) actuarán o sábado 13 na XV edición da Festa da Prehistoria.
    O grupo xa ten editado un disco en 2016, e aquí podedes escoitar un dos seus traballos: Reláxate.
    “Millo formouse alá polo 2012, cando uns amigos decidiron xuntarse para tocar e facer música. Despois de moitos concertos presentannos o seu primeiro album, con temas propios cheos de enerxia, melodias tradicionais galegas e moita alegría”.
    Podedes escoitar (e comprar por 7€) o séu disco neste enlace.Aquí un tema do seu disco tamén chamado Millo: “Tómalle outra”

Millo

  • TATI’S JOPLIN and The KOZMIC BLUES BAND. Será o concerto debut para esta banda homenaxe a Janis Joplin e o rock dos 60 e 70.
    A banda está formada por: Voz: Tatiana Paratcha, Guitarra Elétrica: Ivan Fornos Dominguez, Bajo: Rodrigo Regueiras, Batería: Adrian Salgado, Teclado: Sebastián Romero, Saxo Soprano/Tenor: Chus López Álvarez, Trompeta: Iago Sayans. Tatis Joplin and the cosmicNo vídeo unha versión acústica de Tati’s Joplin (o dúo en acústico). Na Festa da Prehistoria teremos a versión “eléctrica” co grupo ó completo: TATI’S JOPLIN and The KOZMIC BLUES BAND.
  • Finalmente teremos ós The Lelli Kelly’s. Unha banda de rock de Moaña formada por 4 paisanos que moven o cú e berran como animais. Despois de moitos anos noutros proxectos, Miguelito Piteiro, Alek Norris, MC Pollete e Tonho Nogueira Vecinho de Moanha decidiron xuntarse para facer o que lles mola, bailar coa peña. Dende maio de 2016 non paran de mover os pés e baixar de peso. Rock para bailar e acabar coas pernas rebentadas. Xa os puidestes ver no Rock in Ring de Vigo, no Festichuky en Moaña ou na segunda edición do Festival Encaixamos en Sabarís. Non son moi juapos, pero montan unha bonita!”
    Grupo de versións de rock dos 50´s, 60´s, 70´s, etc…. Somos ó rock o que lelli kelly ós teus sapatitos ouh yeah
    Lelli Kellys

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s