Colectivos sociais de Mos e Ponteareas solicítanlle á Xunta a protección da mámoa do Salgueirón

OS COLECTIVOS SOCIAIS TAMÉN PORÁN EN MARCHA ACCIÓNS PARA DIFUNDIR O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO EN PERIGO ENTRE OS DOUS CONCELLOS

Colectivos sociais de Mos e Ponteareas solicítanlle á Xunta a protección da mámoa do Salgueirón

 

Varios colectivos dos concellos de Mos e Ponteareas veñen de solicitarlle á Xunta de Galicia a protección e posta en valor da mámoa do Salgueirón, un elemento do noso patrimonio que linda entre os dous concellos, no alto do monte do mesmo nome.

 

A Asociación de Veciños de Ribadetea (Ponteareas), a Comunidade de Montes de Louredo (Mos), a Asociación Cultural Festa da Prehistoria (Mos), a Agrupación A Cividade (Mos) e o propio Grupo Ecoloxista tiveron varias reunións co Concello de Ponteareas para transmitirlle a súa preocupación sobre este elemento do noso patrimonio, situado no monte do Salgueirón, entre os Concellos de Mos e Ponteareas, lugar que se viu afectado hai dous anos por unha proba deportiva que abriu un camiño en pleno corazón do xacemento.

 

Os diferentes colectivos buscaron a colaboración dos respectivos concellos sen que, polo momento, as administracións fixeran algo para evitar o contínua deterioro deste xacemento. Así, deciciron solicitarlle á Xunta a posta en valor do xacemento, con actuacións de sinalización e delimitación, para evitar novos impactos, porque “o que non se coñece, non se protexe”.

 

Traslado da solicitude aos Concellos e próximas actividades.

 

Os colectivos tamén trasladaron esta solicitude aos Concellos de Mos e Ponteareas, para que teñan coñecemento da solicitude e fagan o posible por atender a esta demanda de valorización deste elemento común do noso patrimonio arqueolóxico. Ademais, os colectivos de ámbolos lados da serra do Galleiro, realizarán en breve actividades para amosar este e outros valores do monte que precisan de máis divulgación e coidados.

 

A mámoa do Salgueirón é un monumento funerario con máis de catro mil anos de existencia e formado por grandes lousas colocadas en forma de arca onde soterraban aos defuntos na prehistoria. O conxunto estaba cuberto de terra e delimitado con seixos brancos para facelo resaltar na paisaxe.

na Mámoa do Alto do Marco 6-12-2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s