Obradoiro das directrices da paisaxe [MOS]

Este xoves no Pazo de Mos haberá un obradoiro das directrices da paisaxe [MOS]
Xoves, 21 de abril 2016 as 18.00 h

A Lei 7/2008, de 7 de xullo, de Protección da Paisaxe de Galicia, conforme ás disposicións do CEP, recoñece xuridicamente a paisaxe e establece un marco de referencia para todas as lexislacións sectoriais, plans e programas que poidan influír na paisaxe. No capítulo III desta lei defínense os instrumentos para a protección, xestión e ordenación da paisaxe de Galicia. Os primeiros instrumentos mencionados son os catálogos da paisaxe de Galicia, aos que atribúe as funcións de delimitación das grandes áreas paisaxísticas de Galicia e de identificación dos tipos de paisaxes existentes en cada unha delas, así como das súas características diferenciais.

 

No ano 2011 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas puxo en marcha unha Estratexia da Paisaxe Galega para a posta en valor, protección e recuperación da paisaxe. Esta estratexia establece nunha das súas liñas de actuación a elaboración do Atlas das Paisaxes de Galicia a partir dos Catálogos e Directrices da Paisaxe, definindo como o seu obxectivo principal “identificar e caracterizar os valores e as potencialidades da paisaxe da Galicia cara a súa protección e xestión”. Este Atlas concíbese como referencia para a caracterización e valoración da paisaxe galega, constituíndo, nun primeiro lugar, o Catálogo das Paisaxes de Galicia, que comprende a realización conxunta dos catálogos de todas as grandes áreas paisaxísticas.

 

O Catálogo das Paisaxes de Galicia é un documento de carácter técnico que aborda a primeira etapa do proceso de planificación da paisaxe, consistente na súa análise e diagnose, e que servirá de base para a posterior elaboración das Directrices de Paisaxe. O conxunto do Catálogo e as Directrices da Paisaxe dará soporte aos diferentes instrumentos de ordenación territorial e urbanística, así como aos Estudos de Impacto e Integración Paisaxística e aos informes sectoriais en materia de paisaxe. Un obxectivo adicional do Catálogo, contemplado na Estratexia Galega da Paisaxe, é a concienciación e sensibilización da sociedade, así como a posta en valor da paisaxe galega, contribuíndo a unha cultura e coñecemento da poboación sobre a paisaxe. Este catálogo pretende sentar as bases para a planificación, xestión e protección da paisaxe de Galicia, establecendo criterios comúns e metodoloxías de análise para futuros traballos, estudos e plans a maior escala vinculados á paisaxe.

http://www.cmati.xunta.es/or…/c/Instituto_Estudos_Territorio

Obradoiro directrices 2Obradoiro directrices 3Obradoiro directrices

201602-Folleto-xeral MOS
201602-Folleto-sixot-medidas MOS
201602-Folleto-sixot-obxectivos-MOS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s