Os Xogos Olímpicos da Prehistoria, Festa 2012

Este ano unha vez maís, os cromañóns participaron en diversos xogos no recinto da Penacova. Por problemas de tempo este ano non se fixo a tradicional competición “En busca do fogo”, a xincana. Este ano decidiuse facer xogos individuais, introducindo algunha novidade como o “pedracesto” os orixes do baloncesto.Ó final a noite chegaba e aínda quedaban xogos preparados, como o “tiro da corda”, ou “a pesca na charca” outra novidade que tiñamos preparada, pero que terá que quedar para o ano próximo.

 

Coma sempre a competitividade entre as tribus foi moi grande, xa que todos queren gañar.

Dende a Organización sabemos que teremos que facer algúns cambios nos xogos para evitar que ninguén saia magoado.

 

Este ano non fixemos competición cos troncomóvis, pero un ano maís triunfaron entre os nenos. Os troncomovis quedaron a disposición dos nenos, para que poidesen correr dun lado a outro. Este ano fixeronse máis km que nunca!

 

Outro dos xogos nos que os cromañóns puideron demostrar a súa habilidade foron os bolos, cunha bola de pedra!!

Na barra de equilibrio os cromañóns convertíronse en gladiadores americanos. Aquí vemos os representantes de “Os moróns” e os “Seixos Brancos”


Tamén trataron de cazar uns cervos para a cena prehistórica. Pero un ano máis, os cervos movíanse demasiado rápido, e houbo que comer cenouras.

 

E a novidade de este ano, o pedracesto, o orixen do baloncesto. Dende a noite do venres moitos nenos e maiores xogaron con pedras ou balóns a este novo xogo.

 

Máis fotos dos xogos nesta galería.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s