MÓS VOLVE Á IDADE DE PEDRA–XI EDICIÓN DA FESTA DA PREHISTORIA.

MÓS VOLVE Á IDADE DE PEDRA–XI EDICIÓN DA FESTA DA PREHISTORIA.    

O venres, 10 de Agosto, o parque da Penacova convertido nun poboado do Neolítico, será ocupado polas 14 tribos participantes.

Esta primeira xornada arrancará cun concurso onde os participantes terán que demostrar as súas habilidades coas técnicas para facer lume. A tribu que antes consiga acender o lume será a gañadora e o seu xefe encargarase de dar inicio ás actuacións musicais dos grupos Kallaikoi e Poem.

O sábado, día 11 é o día grande. Pola mañá haberá obradoiros e demostracións dirixidos a tódolos públicos, que nos achegarán ó xeito de vida e costumes dos homes do Neolítico. Así os participantes poderan aprender a moelo gran nun muiño de vaiven, a fabricar machados de pedra ou disparar unha frecha cun propulsor. Este ano tamén haberá un obradoiro de instrumentos vexetais dirixido polos Chichisos-gaiteiros ademáis do máis participativo de tódolos anos, o taller de pintura corporal.

Antes do xantar producirase o tradicional ataque ao penedo da Pucha, a cova natural na que vive a tribo do Porco Bravo (os organizadores). Esta peculiar batalla a pedradas e paulazos rematará coa entrada en escea do gran chamán, que este ano interpretará Mariano Marcos Abalo. Este artista polifacético é, probablemente, un dos maiores chamáns de Galicia por ser o autor da invocación máis coñecida no pais e fora das nosas fronteiras, o Esconxuro da queimada.

Pola tarde celebraranse os xogos olímpicos da Prehistoria entre as tribos asistentes coa tradicional carreira de relevos “na procura do lume”.

Ás 19:00h. a compañía de títeres “TANXARINA” ofrecerá unha nova versión do seu espectáculo “Troglodita” e o grupo de gaiteiros “Os Chichisos” amenizará a cea.

Pola noite, no ritual de invocación aos espíritos soterrados na Mámoa da Penacova repartirase a queimada de Mariano baixo o seu lema:

“quen toma con gusto a queimada de Mariano, non terá catarro en todo o ano”.

Despois chegará o tempo das actuacións musicais coa Charanga Vaite Xa! e o rock dos porriñeses Cover’s Band .

Os interesados en participar activamente na festa ou ampliar información sobre o programa poden dirixirse ao seguinte enderezo de correo electrónico:festadaprehistoria@gmail.com ou no nº de telf: 673 548 485

NOTA: Os organizadores (Asociación Cultural “Festa da Prehistoria”) levamos tres anos confecionando unha programación dirixida a tódolos públicos, para erradicar o fenómeno “botellón”, que tanto afecta a este tipo de celebracións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s