Homenaxe a Rubén, o chaman do Seixo Branco

A SEMANA PASADA DEIXOUNOS RUBÉN LOUREIRO,…

…O CHAMÁN DA TRIBO DO SEIXO BRANCO.

Imagen

Os espíritos viñeron buscalo na noite do venres, día 11, e agora percorre os montes, fragas e gándaras do Alén.

Horas antes tiven unha conversa telefónica con el, xa que estabamos a preparar varias actividades da Festa da Prehistoria. A verdade é que, por varios motivos, teño poucos ánimos para encabezar a organización da festa este ano e a colaboración de Rubén estaba a ser importantísima.

Faleille da posibilidade de non celebrar a festa deste ano e limitarnos a realizar algunhas actividades didácticas e incluso acudir a Málaga para participar no campeonato de tiro con armas prehistóricas, modalidade na que el estaba mellorando cun propulsor de azagallas co que o agasallei o ano pasado.

Quedamos para o domingo pola mañán para rematar a estructura dunha cabana no poboado da Penacova e deume folgos para continuar co noso traballo con ese xeito que el tiña de afronta-las cousas,… con alegría,… Vémonos na Penacova!

Ao día seguinte chamoume Salva, outro membro da tribo do Seixo Branco…

 

“Marcos,… morreu Rubén ”.

 

Ao longo de todo o día na miña cabeza rebuliron imaxes de tantos momentos pasados en dez anos de Prehistoria en Mós:

–          Rubén apañando xestas para cubrir a cabana da súa tribo, que logo resultaba ser a máis bonita de todas.

Rubén e familia diante da cabana do Seixo Branco

Rubén e familia diante da cabana do Seixo Branco.

–          Rubén decorando osos e caliveiras de cabalo, fabricando lanzas, machados e outras ferramentas de pedra.

Rubén moendo centeo nun muiño de man

Rubén moendo centeo nun muíño de man.

–          Rubén enriba da mámoa da Penacova falando cos espíritos.

Rubén indicando a colocacion dos seixos na mámoa

Rubén indicando a colocación dos seixos na mámoa.

–          Rubén camiñando con nós pola serra do Galleiro cos seus inseparables prismáticos para darnos conta de tódolos paxaros que atopabamos.

Rubén primeiro pola esquerda no alto da serra do Galleiro (2012)

Rubén, primeiro pola esquerda no alto da serra do Galleiro.

E máis imaxes, e máis, e máis,…

Pase o que pase coa organización da “XI Festa da Prehistoria” este ano, os espirítos dos nosos antergos voltarán á Penacova sen necesidade de invocalos,…

             

           … ESTA VEZ GUIADOS POLO CHAMÁN DO SEIXO BRANCO.

Marcos Escudero.

Presidente da Asoc. Cultural Festa da Prehistoria.

 

*Decidinme a escribir isto e publicalo aquí tras recibir esta carta sentida de Salva.

OS SALGUEIROS CHORAN NAS GÁNDARAS

Rubén: O sábado namentres a tua familia e o resto dos teus amigos agardabante, fún eu distrae-la espera indo dar unha volta en bici. Cheguei a Tui arrodeando as Gándaras, para fuxir das lembranzas de tantos días xuntos alí; estudando a Natureza, vendoa medrar e desenrolarse; vivindo, explorándoa e compartindo o noso tempo con ela. Aprendimos ambo-los-dous alí a respetala, e dalgún xeito traspasounos  un coñecemento que dende entón compartimos, unha maneira de entende-la vida non baseada en destroza-la pra facer bens mortos, se non en celebrar con ela o tempo que nos da. Tal vez  foi por iso que voltamos a xuntarnos para lembrar cando todos os humáns vivían así. E alí, na última Festa da prehistoria, onde ti exercías de chamán, transmitindo o teu amor po-la vida e o teu coñecemento as tribus, falamos por derradeira vez. Falamos daquela dun raro fenómeno que me acontecera en Gándaras,   que poucas persoas terán observado. Na primaveira, baixo unha nube escura dun día de craros, no bosque de salgueiros que unha amiga mais eu paseábamos escomenzóu chover de xeito abondoso, non lle demos importancia pero ó deixar a salgueira ainda baixo a nube, miña compañeira que saíu antes ca min, díxome que fora nin chovía nin semellaba ter chovido. Eu non saira e dentro apoallaba dabondo, chameina e ollamos abraiados algo máxico e sobrecolledor que acontecía; milleiros e milleiros de gotas de auga pingaban paseniñamente na penumbra, alumeadas pola luz que escoaba entre-las follas, caindo dos salgueiros ó chan. Deuse aquilo por mais de media hora, e non era choiva; semellaba o bosque enteiro a chorar. Tentando explicarmo, decateime de que non era que o troco de temperatura provocado po-la nube, condensara humidade nas árbores, se  non  mais ben que polo mesmo, a sabia que elas bombeaban non chegaba a evaporarse a tempo nas follas, e dalgún xeito atopaba unha saída e caía ao chan. Quedamos entón ti mais eu, naquel serán de festa da nosa tribu, en  ir alí nun día axeitado da primaveira, na que aquela marabilla poidera darse de novo, para estudala. Ó meu regreso de Tui, disfrazada a dor po-lo cansancio xa fun quen de pasar por Gándaras, mais resultoume imposible afastalas do teu acordo; namentres pedaleaba a tarde anubeara, e a maxia sobrecolledora  das Gándaras estabase a repetir. Pensei en aproveitar para entrar ao bosque e comprobalo, mais ti xa non poderás xamais velo conmigo, e por respeto a súa dor, con bágoas nos ollos, alonxeime de alí sen molestar, namentres coma min, a soias, o teu bosque de Gándaras te choraba meu amigo.

Salva.

13 thoughts on “Homenaxe a Rubén, o chaman do Seixo Branco

  1. Ruben unha grande persoa tuben a oportunidade de compartir con el durante uns anos a directiva da A.V.V NOSA TERRA d Pereiras o cal sempre ye gustaba expoñer iniciativas novas sempre nos botou unha man nas exposicións de setas que se levaron a cabo nesta asociación ¡¡¡¡ GRANDE PERSOA ¡¡¡

  2. Ola son familia de Ruben e encatoume esta homenaxe de Marcos e de Salva só darvos as grazas,e decirvos que este donde este sempre estará a caron dunha arbore e dunha flor.Si podes Marcos corrixe o seu apelido non é Lourido é Loureiro.Moitisimas grazas e unha aperta.

  3. Ola, e moi merecida esta homenaxe a Ruben, eu teño moi bo recordo,e por certo, no meu xardin está moi florido grazas a él, sempre estará presente no Piñeiro

  4. Ruben GRANDE AMIGO que compartimos dias de festa e troula e aprendimos moito con tigo. que os Deuses che fagan un sitio a la donde estes e poidas seguir mandandonos boas vibracions en forma de risas e choiva muy fina.
    Toda a TRIBU DO BO COMER chora a tua partida, pero nunca te esqueceremos,
    eu o teu amigo GIL botaraite de menos cando faga ese cocido PREHISTORICO que a ti tanto che gustaba. Lebareiche o caldiño que che daba forzas para sonreir e estar alegre. Na proxima festa ofrecereillo a os espiritus pra que compartan a tua sonrisa e amor por a NATUREZA.
    BOTAREMOSTE DE MENOS pero estamos con tigo e con toda a familia.
    un abrazo e un biko amigo. huu. huu. huu.

  5. Ola, son María José, a irmá de Rubén. Moitas grazas a todos por vos lembrar tanto de Rubén. Sei que a el, estea onde estea, lle encantará ler esas palabras que lle dedicades con tanto cariño. Ten moi bos amigos. Unha aperta

  6. Querid@s amig@s, hemos tenido conocimiento de la triste noticia del compañero y amigo Rubén. Sin conocerlo como vosotros, pero por lo que nos cuentas, es fácil llegar a la certeza de que era un capital humano. Nuestra tribu, Rinchus Habilys se hace eco del dolor, que familiares y amigos debéis de estar padeciendo y queremos de alguna forma, mostrar nuestro pesar y acompañaros en estos amargos momentos con tod@s vosotr@s.

    Invocaremos a nuestros ancestros para que den cobijo merecido a Rubén, Chaman de la tribu Seixo branco…

    Un fraternal abrazo.

    Rinchus Habilys

  7. Este descriptivo e precioso homenaxe á vida do noso Rubén é un pequeno gran que simboliza a gran pegada que deixou este home nos nosos corazóns; SERMPRE o lembraremos e o levaremos conosco. Aportounos moito sentimentalmente coma momentos inolvidábeis que marcaron as nosas vidas. Non me olvidarei endexamais do seu sorriso e a enerxía que desprendía iluminando así todo o seu arredor. Da túa prima Milagros Loureiro, GRAZAS.

  8. Merecido homenaje a una bellisima persona que dejo huella en nuestras vidas, siempre lo recordaremos por lo que era: UN GRAN AMIGO.
    Gracias a todos

  9. hola gracias a todos por homenaje que leaceis ami padrino y que ledoy gracias a marcos de la tribu y soy los mejores por el trabajo que aceis por la fiesta de la preistoria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s