II Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro

Aloia-Galiñerio

Por unha serra sen eólicos

Día: Domingo 18 de setembro de 2011

Saída: Capela do Monte Aloia as 11:00 h

Chegada: Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios) 15:00 h

Ruta lineal de aproximadamente 10 km (3-4 horas)

Á Chegada lerase o manifesto. Poderás adquirir a túa camiseta do Galiñeiro. Faremos un xantar popular coa comida que traia cada un. Haberá música e animación.

Recomendase levar:

Calzado cómodo

Auga e comida para o final

Autobuses desde Vigo e Vincios. Necesaria inscripción previa *

Zonas de aparcamento no Aloia, Galiñeiro e Prado*

Convoca a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro: A Ría Non de Vende, ADEGA, A.C. Berra Val Miñor, AGA (Asoc.Galega Apicultura), Amigos da Terra, Asoc. ”Festa da Prehistoria”, Asoc. Trece Catorce, Asoc. Veciñal Casco Vello, Asoc. Veciños de Vincios, Asoc. A Groba, Asoc. Mundo Minero, C.C. As Pedriñas, C.M.V.M.C. de Chaín, C.M.V.M.C. de Couso, C.M.V.M.C. de Vincios, C.S. A Revolta, Club Escalada Montaña Azimut, Club Montañeiros Celtas, Club Peña Trevinca M.G., Clube de Montaña Xistra, Clube Espeleolóxico Mauxo, C S A Faisca, Federación A.A.V.V. Eduardo Chao-Vigo, Federación Galega Montañismo, Instituto de Estudos Miñoranos, Outrovigoéposible, Plataforma Defensa da Ría Cíes, Salvemos Monteferro, SOS Serra da Groba,Verdegaia.

*AUTOBUSES

Desde VIGO:

IDA VIGO-ALOIA. Saída as 9:30 da mañá desde a Praza de España de Vigo en dirección o Monte Aloia.

VOLTA VINCIOS- VIGO. Saída o remate do xantar e as actividades as 18:00 horas desde o polígono da Pasaxe en Vincios.

O prezo é de 5 € por persoa

Desde VINCIOS:

VINCIOS-ALOIA. Saída as 9:30 da mañá desde a gasolineira do Polígono da Pasaxe. Non hai autobús de volta xa que o punto de chegada é Vincios.

O prezo é de 3 € por persoa

Para facer a inscrición envía os teus datos a través da web de Montañeiros celtas (enlace a http://www.celtas.net/glg/actividades.php) e ingresa os cartos co teu nome, DNI e punto de partida na conta de Novacaixagalicia 2080 0000 72 0040260769. Si podes envia un xustificante a presidente@celtas.net ou por fax 986 912 220.

*APARCAMENTOS

Os puntos de aparcamento para coches particulares estarán sinalizados en:

Monte Aloia

Vincios (Polígono da Pasaxe)

Prado (fronte a Capela) para quen queira deixar o coche no medio da ruta

Desta maneira podes facer os seguintes percorridos

Percorrido lineal:

Se ides en varios coches aparcar un no Galiñeiro e outro no Aloia e coordinarvos para a ida e o regreso.

Percorrido parcial:

Aparcar en Prado e unirte á marcha nese punto para regresar ao final da marcha a Prado.

Aparcar en Prado, unirte á marcha nese punto, e coordinar cun segundo coche no Galiñeiro para regresar a Prado.

Percorrido circular:

Aparcar na zona do Galiñeiro coa suficiente antelación para facer o percorrido ata o Aloia e chegar á Capela ás 11:00 horas para comenzar a andaina co resto dos participantes.

Aparcar na zona de Prado, coa suficiente antelación para facer o percorrido ata o Aloia e chegar á Capela ás 11:00 horas para comenzar a andaina co resto dos participantes.

Aparcar no Aloia e comezar a Andaina ás 11:00 horas e despois regresar desde o Galiñeiro para recoller o coche.

Proximamente publicaremos na web un plano cos puntos de partida dos buses e os aparcamentos

Máis información:

Montañeiros Celtas 986 438 505 en horario de 19:30 a 21:30 de luns a venres

Tereixa 607522018

Cartaz II Andaina Galiñeiro-Aloia

One thought on “II Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s