Os Festicultores Troupe estarán na Festa da Prehistoria de Mos 2011

No décimo aniversario da Festa da Prehistoria de Mos contaremos coa actuación dun grupo festeiro coma poucos, Os Festicultores Troupe. A actuación será o sábado 13 de agosto, o día grande da festa. Haberá que gardar enerxías para a noite, porque será imposible manterse sen bailar, sen saltar en canto Os Festicultores comecen co seu espectáculo.

No seu Myspace, e páxina web podemos ir abrindo boca.

Tras máis dun ano de xira, co espectáculo E.G.F.A., no que ademais de percorrer as rúas e os escearios de Galicia, acompañaron a Manu Chao e Radiobemba na fin de xira europea en Baiona (Francia) e no 50 Cabodano do Che Guevara en Santa Clara (Cuba). Gañaron o Premio do Público no Festival Internacional Haizetara de Amorebieta, e compartironn cartel con grupos internacionais coma Gogol Bordello, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra, Fanfare Ciocarlia. Festicultores comezarán o 2010 no Festival de Cine Kustendorf en Drvengrad, coma invitados do seu director, Emir Kusturica, onde presentarán un espectáculo basado no E.G.F.A. pero con moitas novidades e temas novos. Así pois aqui está, xa preparada, a Troupe, para descargar o PODER BALCÁNICO e o seu RITMO TRITURADOR.

3 thoughts on “Os Festicultores Troupe estarán na Festa da Prehistoria de Mos 2011

  1. gustariame saber que hai de certo dos rumores que din que a banda dos festicultores se separou a principios deste ano,parece ser que un deles ,o que facia de manager se quedou con nome da banda,pero son outros musicos..seica fan unha movida bastante dura….. sado????, que nada ten ke ver co de antes!!!!! UFFFF NO ME CHEIRA NADA BEN….UNGA,UNGA!!!!!

  2. corroboro totalmente lo que dice natalia,yo los vi en la plaza del corregidor en orense,yya que keriamos llevarlos a tocar a nuestro pueblo en lugo (tambien los habia visto tocar varias veces en san froilan,los videos son de alli).en orense faltaban varios musicos pues antes eran nueve y alli solo habia seis,creo ke ahora se hacen llamar los sadomusicos.divertidos pero demasiado punki pa mi gusto y para el pueblo!!je,je,al final no cerramos nada pero nos hubiesen hecho el pasacalles por 900 eurillos,baratos y divertidos si son!!!en los tiempos que corre no esta mal!!!un saludo cavernicolas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s