XORNADAS SOBRE A DESTRUCCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO

Primeira xornada (sábado, 28 de maio, no auditorio do Pazo de Mos). Mesa redonda na que participarán como poñentes:
– Antonio de la Peña Santos, arqueólogo do Museo de Pontevedra. Foi o director das escavacións no Castro de Torroso (Mos) e xa colaborou con nós na primeira edición da festa. Abordará o problema dende un punto de vista xeral, centrándose nas dificultades que os profesionais atopan á hora de desenvolver o seu traballo.
– Manuel Gago (autor do blog “Capítulo Cero”).
– Xosé Lois Vilar, outro colaborador habitual, arqueólogo do IEM e membro da Plataforma pola defensa do Galiñeiro.
– Calros Solla, da Asociación Cultural Verbo Xido, que falará dun precedente, a instalación do parque eólico causante da destrución do monte do Seixo.
– Outro colaborador, Ángel de Prado, proxectará unha escolma de fotografías nocturnas de petróglifos.

Segunda xornada (domingo, 29 de maio): visita guiada á serra do Galleiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s