Comezando a preparar a Festa 2011

Na última reunión pechamos datas de actividades e tamén decidimos que a Asociación Cultural Festa da Prehistoria vai “facer piña” coa Plataforma pola defensa do Galiñeiro.

Coma sempre a “X edición da Festa da Prehistoria” celébrase na 2ª fin de semana de agosto (días 12 e 13) pero este ano, como actividades didácticas, celebraremos dúas xornadas contra a destrución do patrimonio arqueolóxico.

Primeira xornada (sábado, no auditorio do Pazo de Mos): celebraremos unha mesa redonda na que, en principio, están convidados a participar como poñentes:

– Antonio de la Peña Santos, arqueólogo do Museo de Pontevedra. Foi o director das escavacións no Castro de Torroso (Mos) e xa colaborou con nós na primeira edición da festa. Abordará o problema dende un punto de vista xeral, centrándose nas dificultades que os profesionais atopan á hora de desenvolver o seu traballo.

– Manuel Gago (autor do blog “capítulo cero”).

– Xosé Lois Vilar, outro colaborador habitual, arqueólogo do IEM e membro da Plataforma pola defensa do Galiñeiro.

– Calros Solla, da Asociación Cultural Verbo Xido, que falará dun precedente, a instalación do parque eólico causante da destrución do monte do Seixo.

– Outro colaborador, Ángel de Prado, proxectará unha escolma de fotografías nocturnas de petróglifos.

 

Segunda xornada (domingo): visita guiada á serra do Galleiro. *Temos dúas fins de semana nas que podemos celebrar estas actividades (21/22 ou 28/29 de maio).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s