Exposición Petroglifos. Vídeo

A parte festiva-lúdica da Festa da Prehistoria está preto, moi preto, faltan dous días para que chegue o día da involución, o día de cambiar os pantalóns vaqueiros en poñer as peles, cambiar as faldas por taparrabos ou por follas de viña. O venres 6 comeza a 9ª Festa da Prehistoria de Mos.

Pero tamén hai unha parte máis cultural, con actividades que permiten coñecer un pouco máis da nosa prehistoria. A exposición de petroglifos é unha desas actividades. Esta exposición podese visitar do 15 de Xullo ó 21 de Agosto de luns a sábado das 16:00 ás 22:00 h no Pazo de Mos, e titulase: “ARTE RUPESTRE, OS PETROGLIFOS NO PAPEL”. Esta adicada as pinturas de Manuel Ledo (experto en arqueoloxía, prehistoria e membro da asociación cultural “festa da Prehistoria”).

Este é un vídeo de Anxodp que amosa varias das obras expostas no Pazo de Mos, reproduccións dos petroglifos feita por Manuel Ledo. Son “calcos” de moitos dos petroglifos que se poden atopar nos montes de Mos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s