Grupos 2010. O Sonoro Maxín

Grupos 2010. O Sonoro Maxín

Outro dos grupos que actuarán este ano na Festa da Prehistoria é “O Sonoro Maxín”. Según indican na súa páxina de MySpace a súa música é Fusión / Ritmos africanos / Latina . Podemos asegurar que a súa música é festeira, a súa música fará que todos os cromañóns non paren de bailar e berrar durante toda a actuación.

O Sonoro Maxín

O Sonoro Maxín

Comezar de novo e camiñar a modo, inventando o camiño… Esta é a consigna da que parte O Sonoro Maxín con convencemento. Sabendo que a creatividade é imaxinación e que para crear hai que camiñar, cóntannos como todo ten unha onda sonora que nos fai mover e actuar con toda a forza do corazón, unha onda que transmite directamente de peito a peito, sen intermediarios. Ésa é a máquina sonora, a imaxinación sonora.

Neste afán de camiño continuo O Sonoro Maxín anda á procura dun baile sen fin, dunha máquina creativa que nos faga mover ao ritmo da onda que marca. E para iso apelan á verbena e á cumbia, a soberana absoluta das verbenas, que converte o torreiro da festa nun baile tropical onde cada un manda na súa forma de bailar, onde cada un inventa o seu propio baile. Esta máquina sonora, este camiñar imaxinativo vai dende a cumbia á rumba, dende o reggae ao ska, actualizando a verbena e levándoa até a fusión musical do s. XXI. Volve a imaxinación, volve a máquina, volve a onda sonora que camiña sen fin… Bailar de novo, cantar de novo e sorrir de novo co Sonoro Maxín.

Vídeo dunha actuación de O Sonoro Maxín, A rúa do perigo.

Vídeo do tema: Esta noite hei dir alá.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s