Os Tanxarina falan da Festa da Prehistoria.

Tanxarina é un dos grupos máis prestixiosos dentro do mundo dos títeres. Os seus espectáculos combinan unha fantástica posta en escena co humor dos seus actores. “Trogloditas” é a súa última creación e estréase no paseo do Sinal en Cangas hoxe ás 19.00, 20. 00 e 21.00 horas e repite función á mesma hora mañá. Eduardo Rodríguez “Tatán” está contento do lugar elixido para realizar a estrea do espectáculo prehistórico, xa que a Mostra “é moi importante dentro do panorama teatral”.

Tanxarina cavernicolas

–De que trata o seu espectáculo cavernícola?

É unha idea que naceu por unha participación no 2008 na Festa da Prehistoria de Mos. A nosa historia mestura títeres de vara prehistóricos cunha choza primitiva na que convidamos a xente para que se una ao espectáculo. Entran en grupos de 50 persoas e ven unha obra na que actúa o primeiro faquir da historia, un lanzador de menhir e un levantador de pedras. A nosa clave de humor é de clown con situacións absurdas para facer un espectáculo primitivo.

–Poderíase dicir que a súa representación é todo un circo?

–As cousas que facemos están relacionadas co circo, pero o certo é que o noso espectáculo está ambientado nunha época moi anterior ao circo.

–Por que Cangas foi o sitio elixido para estrear este peculiar “circo” troglodita?

–Falar da Mostra é falar dun festival moi importante e para nós a xente de Cangas é moi querida. É un espectáculo de rúa cunha historia cachonda porque vai coa nosa dinámica e cabe perfectamente no festival. Cangas aposta forte polo traballo futuro e acuden moitos profesionais, ademais dun público entendido.

–Como é actuar na rúa?

–Esta obra naceu para facerse na rúa. Hai que facela nun lugar con movemento de público. En Galicia é unha novidade isto do teatro na rúa pero en zonas como o Mediterráneo é unha maravilla porque o bo tempo tamén axuda. Consideramos a rúa un escenario moi digno para estrenar o noso espectáculo.

– Os recortes económicos afectan moito á cultura, o seu espectáculo tamén sinte a famosa crise?

–En xeral os presupostos rebaixáronse moito. Nós mantemos a ilusión coma sempre, dende fai 26 anos. Agora mesmo temos bastante sorte porque contamos cun repertorio de seis espectáculos. Para poder vivir do teatro hoxe en día tes que ter a vontade de tirar para adiante e buscar alternativas que den un respiro ao que hai. Nós, despois de 26 anos, non nos plantexamos cambiar de traballo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s