Presentación da Festa. Sábado 3 de Xullo. Pazo de Mos

Este sábado,3 de xullo, ás 16:00 h., no Pazo de Mos, os membros da Asociación Cultural Festa da Prehistoria farán un repaso das actividades previstas para a 9º edición de esta festa.

Kiko Da Silva, colaborador habitual da festa presentará o último número da revista galega de humor “Retranca”.

O debuxante de cómics Kiko Da Silva é o autor do cartel deste ano. O deseño, que sae dunha viñeta do colectivo A Santa Compaña, do que forma parte, fai referencia ó problema lingüístico, e será o lema da IX Festa da Prehistoria, xa que no ritual de invocación ós espíritos da Mámoa da Penacova o chamán pedirálle os nosos antergos proteción para a lingua galega.

Kiko Da Silva aproveitará a cita para presentar o último número da revista de humor galego “Retranca”,que el mesmo dirixe.

Venres, 6 de Agosto: o parque da Penacova, convertido xa nun poboado do Neolítico, será ocupado polas máis de 40 tribus participantes.

Nesta primeira xornada proxectaranse as curtametraxes presentadas ó 3º concurso de Curtas da Prehistoria. Despois do cine, a música das charangas e os grupos de percusión alegrarán a primeira velada prehistórica.

Sábado, 7 de agosto (día grande): dende pola mañá haberá obradoiros e demostracións que nos achegarán ó xeito de vida e costumes dos homes do Neolítico.

Coma novidade, este ano na choza comunitaria haberá unha exposición “HUMOR RUPESTRE: MOSTRA DE VIÑETAS CAVERNÍCOLAS”, unha mostra de viñetas prehistóricas dos debuxantes do país. Contaremos cos debuxos de autores da comarca da Louriña como Juancho Castaño, Isidoro, Seve Lago Palmero, Marcos Escudero, Dani Burgos, etc,…. Tamén participarán Luis Davila, Kiko Da Silva e outros autores recoñecidos no mundo cómic galego, grazas á colaboración especial da revista “RETRANCA”.

Tanxarina Títeres

A compañía de títeres “TANXARINA” presentará o seu novo espectáculo “Troglodita”. Haberá dúas funcións pola mañá e outras dúas pola tarde.

A gastronomía prehistórica está asegurada cunha amplia oferta de platos típicos coma polbo á feira, carne ó caldeiro e asados entre outros.

Despois da comida chega o tradicional ataque das tribos visitantes á Lapiñeira da Fraga, unha cova natural próxima na que habitan as tribos da parroquia de Mos. O actor Eduardo Rodríguez “Tatán” encarnará ó “Gran Chamán” para poñer paz, agasallar a tódalas tribos e transmitir a mensaxe dos espíritos.

A tarde remata cos xogos olímpicos da Prehistoria e o levantamento dun menhir. As tribos participantes terán que arrastrar e levantar unha pedra de case 2.000 kg cos metodos utilizados polos construtores megalíticos 4.500 anos antes da nosa era.

Pola noite, despois do ritual de invocación ós espíritos soterrados na Mámoa da Penacova chagará o tempo das actuacións musicais dos grupos Pesdelán, O Sonoro Maxín e Falperris.

A programación compleméntase cunha exposición sobre os gravados rupestres, que será inaugurada o 17 de xullo e un roteiro polos petróglifos de Louredo o día 18.

Os interesados en participar activamente na festa ou ampliar información sobre o programa poden dirixirse á seguinte dirección de correo electrónico: festadaprehistoria@gmail.com

One thought on “Presentación da Festa. Sábado 3 de Xullo. Pazo de Mos

  1. Pingback: Bitacoras.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s