Mentres que dende as elites se escollen productos coma “la oreja de morfeo” na Festa da Prehistoria agardábanos música. Música para deixarse levar polos instintos e bailar ata a saida do Sol.
A Banda Potemkim, encargada de pechar o festival de pardiñas, foi a que abriu os concertos en Mos, e fíxoo por todo o grande. Comezou cun dos seus hits, Calandria, o que fixo saltar o publico coa primeira canción e a partir de ahí seguir subindo en intensidade, demostrando o que xa sabiamos, que é unha das mellores bandas do país para calquer festival.
A continuación asaltou o palco O Leo Arremecaghona co seu un punk desgarrador que non deixou a ninguén indiferente, mentres quebraba os esquemas dunha parte do público outra entragábase ao kaña-autor. No segundo pase O Leo deu paso ao seu irman, O Enrikiño, creador do pop transgresivo. Con este alter ego convenceu a tódolos presentes que corearon e bailaron os seus temas convertíndose na revelación da noite
A Tuna Rastafari chegou a Mos coa fama de ser o grupo mais festeiro do ano, algo que demostrou dende que subiron ao escenario ao mediodía para realizar as probas de son, donde unha multitude de xente se aproximou ao palco impedindo que baixaran sen facer bises, ¡I estábamos nas prbas de son! Despois mergullaronse no ambiente da festa ataviados con peles e pola noite subirón de novo moi motivados. Foi momento para o baile.
Os punkeareanos Skandalo GZ ían ser os primeiros en subir o palco, pero por problemas de axendas, pasaron a cerrar o programa, e digo eu, ¡benditos problemas! Co seu ska kombativo e grazas a sua forza i entrega sobre as taboas contaxiaron a tódolos presentes. A parvueira apoderouse de Mos ata o mencer ao da man dun grupo que reventará festivais os vindeiros anos.
Aquí remata a crónica da VIII Festa da Prehistoria e o único que nos resta é agradecer sinceramente a vosa colaboración por que ¡ESTA FESTA FACÉDE-LA VOS!
“Mentres que dende as elites se escollen productos coma “la oreja de morfeo” na Festa da Prehistoria agardábanos música” Genial!!!!
y seguro que había más prehistóricos na Penacova que Morfeistas en Guizán