Sábado, de festa na Prehistoria

Tra-lo xantar as tribus visitantes preparabanse para o asalto ao Penedo da Pucha, onde se refuxiaban os clans locais tratando de defender o seu territorio.

P1013857

Pese a estar ben atrincherados na cova milenaria o que non agadaban as tribus lideradas polos Cunetas eran os milleiros de trogloditas que se deron cita na Penacova e se encamiñaban cara eles con sede sanguinaria.  A batalla foi extenuante e con baixas por ambos bandos ata que co penedo cercado polos invasores apareceu en escea o gran chamán, O Leo. Coa sua aparición fíxose o silencio, encaramouse ó penedo e deixando cair os brazos dixo:  Non pelear, OH!  Ante tal xenialidade nada había que facer, polo que as tribus fixeron as paces mediante agasallos recíprocos, a continuación o gran chamán atreveuse a desvelarnos un futuro negro como a cotra das uñas do dedo corazón que alzaron todos os presentes.  Despois da loita o Penedo da Pucha convertiuse nun altar improvisado no que dous trogloditos prometeron seu  amor.

P1013893

De volta na Penacova as tribus voltaron a enfrontarse entre si, pero desta vez dun xeito pacífico e deportivo no xogo “Na procura do lume” no que os prehistóricos debían atravesar nunha carreira de relevos distintos obstáculos sen que se apagase o lume do facho que portaban. A tribu de Aveiro, na que tamén se integraba algún compañeiro de salceda resultou gañadora desta pre-olimpiada.

P1013935

Outro dos momentos memorables da tarde foi a construcción dun monumento megalítico ao carón do poboado prehistórico. Para colocar a pedra de mais de 2 toneladas que tapau a mamoa foi preciso a colaboración de decenas de trogloditas que turraron de tres longas cordas vexetais seguindo as ordes de centos de enxeñeiros  prehistóricos.

P1013962

Cando a tenue luz da lua iluminou o poboado a auga de lume comezou a arder sobre a mamoa e o chamán fixo unha nova aparición para invoca aos espíritus e dar paso a festa musical que se prolongaría toda a noite, mentres os posuidores do xerro prehistórico saboreaban a auga de lume queimada.

P1014032

2 thoughts on “Sábado, de festa na Prehistoria

  1. e verdade, despois de unha pelexa fraticida e aloucada, este homosapiens sorprendeunos coa sua posta en escena e con a sua frase de ¨NON PELEXEDES HOOO¨ ao primeiro todos sorprendidos ^queriamos jerra^ pero como unha luz botamonos todos a reir como tolos e fixemolas paces ähi señor señor fannos falta tolos co iste pra gañarnos os corazons e facernos ter sentidiño pra non pelexar polo egoismo de ter mais do que precisamos, si señor-
    e despois enseñounos a uña negra ! ahi señor señor nunca tal cousa euvin mira como aprendimos a adiviñar a nosa futura, por iso do dedo agora xa sei polo que o patron non me sube o soldo, porque nos din que a cousa esa da crise esta nejra e jodida pra todos, menos pa el. pero amijo bouche poñer o dedo pra riva aver si entra polo… xa me entendes. bueno xa vos deixo, que o pasei moy ben e pra o ano,,, volverei. bicos pratodos e todas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s