Crónica dunha festa anunciada

Venres  7:  Noite de Involución

Coa saida da lua sobre o parque da Penacova todo estaba disposto para o retorno as orixes da humanidade.  As tribus, repartidas polas chozas elaboradas durante a semana, comezaban a axitarse cos brevaches da cea, e os ritmos tribais flotaban no aire. Foi entón cando dous dos clans de Mos aunaron as suas forzas, ou as suas gaitas, e comezaron un percorrido polo poboado arrastrando con eles unha marea de trogloditas coma nunca se vira nesta festa. Guiados polos sons das gaitas cruzaron o seu camino coa Orquestra Cé pantasma, que ataviada con todo seu instrumental provocou o delirio dos presentes. As cancións primeiro e logo un baile descontrolado fixeron retroceder os presentes a idade cavernaria; coa involución realizada o recital prolongouse na naoite ata o punto de suceder o  que é imposible, que o Cé comezaba a quedar sen voz, pero entón os espiritus da noite viñeron na sua axuda en forma de gaiteiros e bombos que se sumaron a el facendo que a orquestra do Ce deixou de ser pantasma, e a festa proseguiu no poboado.  Incluso ao mencer grupos de cromagnons choutaban fronte ao bar ao berro de “ska, ska, ska”

P1013578

Sabado 8:  Mañá cultural

A mañá do sábado albergaba unha apertada axenda de actividades relacionadas coa prehistoria. Os máis madrugadores foron os participantes nos obradoiros de arqueoloxia que dirixidos polos membros do museu arqueoloxico de vigo participaron nunha divertida e didáctica sesión de excabacións e aprenderon a realizar as antigas artes empregadas na caza e pesca polos nosos antergos.

P1013627

Os recen chegados dirixianse cara o obradoiro de pintura corporal, onde os hominidos prehistóricos decoraban os seus corpos cunha mestura de auga e arcillas naturais recreando deseños inspirados nos petroglifos.

P1013683

Noutro dos obradoiros participamos dunha demostración de percusión directa sobre pedra, creando machados e bifaces do periodo hachalensis.  Mentres, noutra  punta do poboado se realizaban pinturas sobre pedra. O último dos obradoiros consistía nunhas aulas de tiro con arco prehistórico e lanzamento con propulsor.

P1013662 P1013689

Os cativos, e alguns  maís medradiños, disfrutamos tamén dos monicreques de Tanxarina Teatro, que nos fixerón sorrir ao longo de todo o día nas diferentes sesións programadas grazas a unha obra creada de xeito específico para a ocasión.

P1013652

3 thoughts on “Crónica dunha festa anunciada

  1. FENOMENOS, MAGETES, PREHISTORICOS Y HUMORISTAS.
    E disfrutado como un niño, sobre todo con ¨O MINI¨
    E COLGADO UN VIDEO EN YOUTUBE en una de sus sesiones
    gracias`por hacerme reir y pasarlo muy bien. plas, plas, plas,

  2. ska ska ska hasta las 7 de la mañana!! Los brevajes mágicos que los druidas habían proporcionado al bar prehistórico hacían que esos cromañones no sintiesen sueño😀

  3. Pingback: Bitacoras.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s