Os concertos da Festa da Prehistoria 2011 estiveron a cargo dos Festicultores e do Cé Orquestra Pantasma. Este ano non houbo escenario, nin equipo de son de miles de euros. Pero non fixo falla!! A festa que fixeron tanto os Festicultores, como o Cé Orquestra Pantasma non precisaba de artificios!!
Para comezar o Cé xa animou o público incluso coa proba de son. Tivo que avisar que esa era a proba, e que voltaría nuns intres, porque a xente xa comezaba a bailar e o pobre do Ce aínda non ceara. Houbo algún problemilla coa electricidade, pero os “chispas” da organización conseguiron solventalo durante o concerto, xogandose levar algúnha descarga.
O Cé Orquestra Pantasma
E despois do home orquesta (máis dunha hora e media de actuación??) chegaron os Festicultores. Os Festicultores que agora teñen un novo espectáculo, os Sadomusiquistas, unha performance que sorprendeu a máis de un e máis de dous.
Etiquetas:concertos, Festa 2011, fotos

Os cromañóns din: