Por culpa da chuvia tiveronse que suspender as actividades programadas para o domingo 14, pero parece que este sábado 27 de Agosto podemos ter unha boa noite (eso dí o chaman de meteogalicia), polo que proseguiremos coas actividades da X edición da Festa da Prehistoria.
As 21:30 no parque da Penacova.
- Cine o aire libre. “Na Procura do Lume”, dirixida por Jean-Jacques Annaud. Proxectarase a última versión deste filme.

En busca del fuego
“A película conta como a tribo dos Ulam sobrevive grazas a que teñen lume, saben coidalo e úsano para quentarse, escorrentar ás feras, etc ,…
Pero ninguén nesta tribo sabe como facer o lume e cando este se apaga por un descoido, todos se decatan de que as súas vidas están en perigo. Un pequeno grupo emprende unha viaxe para recuperalo e despois de pasar por moitos perigos son capturados por unha tribo que coñece unha técnica para facer o lume.
Os protagonistas conseguen fuxir e regresan de volta ao seu territorio coa técnica aprendida”.
- Proxección de fotografías nocturnas de petróglifos, realizada por Ángel de Prado, colaborador habitual da asociación Festa da Prehistoria.

- Entrega de premios ao mellor atuendo prehistórico e mellor tribo da 10ª Festa da Prehistoria. Durante a X Festa da Prehistoria o pasado sábado 13 de Agosto tomaronse fotografías dos trogloditas e tribus que desexaban loitar por ser os mellor “involucionados”. As fotografías dos participantes poden verse na seguinte ligazón. Fotos.

tribus
- Para rematar, a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3) ofrecerá un obradoiro de astronomia no ceo do Parque da Penacova. Esta fundación adícase á divulgación da Astronomía dende o ano 2007 e xestiona o observatorio astronómico de Forcarei. Na súa web pódese atopar información sobre esta fundación, e tamén na súa páxina en Facebook.
Os membros de FC3 ensinaran como atopar as principais constelacións e o público terá oportunidade de ver a lúa coa axuda dun telescopio. Tamén se poderán ver algunhas perseidas e os monitores responderán ás dúbidas dos asistentes.

Agardamos que o ceo nos permita observar os planetas, constelación etc… Pedimos os chamáns das tribus que invoquen os espítitus do tempo para que teñamos unha noite clara e estrelada. O gran chamán de Meteogalicia observando as vísceras dun porco bravo di que teremos:
Ceos pouco anubrados ou despexados. Temperaturas mínimas en moderado descenso e máximas sen cambios significativos. Vento frouxo do norte pola mañá, moderado do noroeste pola tarde e frouxo do norte pola noite.
De todas maneiras a noite será fresquiña, polo que será recomendable acercarse a Penacova con un pouco de roupa de abrigo, unha mantiña ou unha toalla. Se traedes o voso telescopio poderedes seguir as indicacións dos astrónomos. Cuns prismáticos tamén se pode observar moito mellor o ceo. Tamén pode ser unha boa idea levar unha pequena lanterna para moverse pola Penacova cando se apaguen as luces para a mellor observación do ceo nocturno.
Os cromañóns din: