Esta é a programación final da décima edición da Festa da Prehistoria de Mos. Un ano máis o poboado da Penacova sufre unha viaxe temporal hacia a idade de pedra.
SÁBADO 13 – DÍA GRANDE.
-10:00h. Apertura do poboado da Penacova.
-10:30h. Obradoiro de pintura corporal.
-11:30h. Subida á Lapiñeira da Fraga.
-12:00h. Recepción das tribos participantes.
-13:00h. 1ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.
-13:30h. Menú cavernícola.
-15:00h. Grupo de percusión A-TUN-CON-PUNK.
-16:00h. Obradoiros e outras actividades sobre a vida na Prehistoria. Técnicas para facer lume
Fabricación de ferramentas de pedra / Confeción do teu traxe da Prehistoria
Como facer pan / Tiro con propulsor / Elaboración dun petróglifo.
-17:30h. Xogos e competicións entre as tribos participantes / Xogos para o público en xeral.
-19:30h. 2ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.
-20:00h. LEVANTAMENTO DA PEDRAFITA.
Monumento megalítico para conmemorar unha década de Festa da Prehistoria.
-20:30h. 3ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.
-21:30h. Menú cavernícola.
-22:30h. Grupo de percusión A-TUN-CON-PUNK.
-23:00h. Invocación aos espíritos soterrados na Mámoa da Penacova.
-00:00h. Actuacións musicais:
CÉ-ORQUESTRA PANTASMA
FESTICULTORES TROUPE
DOMINGO 14 – DÍA DA EVOLUCIÓN.
- 21:00h. CINE AO AIRE LIBRE.
- IV Concurso de Curtas da Prehistoria.
- A película “Na procura do Lume”.
-23:50h. Obradoiro de Astronomía no ceo da Penacova.
EXPOSICIÓN “UNHA DÉCADA DE PREHISTORIA EN MOS”.
Unha exposición de recortes e notas de prensa que diversos medios de comunicación adicaron á Festa da Prehistoria dende a primeira edición en 2001.
No Pazo de Mos dende o 30 de xullo ao 28 de agosto.


Agardando que chegue o día da Festa!!!!!
Ola, prehistóricos. Noraboa pola programación deste ano! Encántame o das estrelas do domingo. E grazas por seguir velando polo noso patrimonio arqueolóxico. Sodes a caña.
Vémonos (xa queda menos…).
Menos dunha semana!! xa non queda nada.