A Festa da Prehistoria xa chegou ós Estados Unidos!!
A televisión HD Net emitiú un programa no que se amosaban imaxes da festa da Prehistoria de Mos, no programa Deadline!
Este é un anaco do programa:
UNGA UNGA UNGA!!
A Festa da Prehistoria xa chegou ós Estados Unidos!!
A televisión HD Net emitiú un programa no que se amosaban imaxes da festa da Prehistoria de Mos, no programa Deadline!
Este é un anaco do programa:
UNGA UNGA UNGA!!
Estas son as indicación para chegar o recinto da Penacova, onde se celebra a Festa da Prehistoria de Mos.
Coordenadas GPS: N+42° 12′ 7.92″, W 8° 35′ 50.11″
Carreteira N-550 A Coruña-Tuy, no tramo Redondela-O Porriño. Na parroquia de Mos, cruce a esquerda (dirección Porriño) pasar por debaixo das vías do ferrocarril, e seguinte cruce á dereita. Continuar pola carreteira subindo hacia o recinto da Festa.
No décimo aniversario da Festa da Prehistoria de Mos contaremos coa actuación dun grupo festeiro coma poucos, Os Festicultores Troupe. A actuación será o sábado 13 de agosto, o día grande da festa. Haberá que gardar enerxías para a noite, porque será imposible manterse sen bailar, sen saltar en canto Os Festicultores comecen co seu espectáculo.
No seu Myspace, e páxina web podemos ir abrindo boca.
Tras máis dun ano de xira, co espectáculo E.G.F.A., no que ademais de percorrer as rúas e os escearios de Galicia, acompañaron a Manu Chao e Radiobemba na fin de xira europea en Baiona (Francia) e no 50 Cabodano do Che Guevara en Santa Clara (Cuba). Gañaron o Premio do Público no Festival Internacional Haizetara de Amorebieta, e compartironn cartel con grupos internacionais coma Gogol Bordello, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra, Fanfare Ciocarlia. Festicultores comezarán o 2010 no Festival de Cine Kustendorf en Drvengrad, coma invitados do seu director, Emir Kusturica, onde presentarán un espectáculo basado no E.G.F.A. pero con moitas novidades e temas novos. Así pois aqui está, xa preparada, a Troupe, para descargar o PODER BALCÁNICO e o seu RITMO TRITURADOR.
Esta é a programación final da décima edición da Festa da Prehistoria de Mos. Un ano máis o poboado da Penacova sufre unha viaxe temporal hacia a idade de pedra.
SÁBADO 13 – DÍA GRANDE.
-10:00h. Apertura do poboado da Penacova.
-10:30h. Obradoiro de pintura corporal.
-11:30h. Subida á Lapiñeira da Fraga.
-12:00h. Recepción das tribos participantes.
-13:00h. 1ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.
-13:30h. Menú cavernícola.
-15:00h. Grupo de percusión A-TUN-CON-PUNK.
-16:00h. Obradoiros e outras actividades sobre a vida na Prehistoria. Técnicas para facer lume
Fabricación de ferramentas de pedra / Confeción do teu traxe da Prehistoria
Como facer pan / Tiro con propulsor / Elaboración dun petróglifo.
-17:30h. Xogos e competicións entre as tribos participantes / Xogos para o público en xeral.
-19:30h. 2ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.
-20:00h. LEVANTAMENTO DA PEDRAFITA.
Monumento megalítico para conmemorar unha década de Festa da Prehistoria.
-20:30h. 3ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.
-21:30h. Menú cavernícola.
-22:30h. Grupo de percusión A-TUN-CON-PUNK.
-23:00h. Invocación aos espíritos soterrados na Mámoa da Penacova.
-00:00h. Actuacións musicais:
CÉ-ORQUESTRA PANTASMA
FESTICULTORES TROUPE
DOMINGO 14 – DÍA DA EVOLUCIÓN.
- 21:00h. CINE AO AIRE LIBRE.
- IV Concurso de Curtas da Prehistoria.
- A película “Na procura do Lume”.
-23:50h. Obradoiro de Astronomía no ceo da Penacova.
EXPOSICIÓN “UNHA DÉCADA DE PREHISTORIA EN MOS”.
Unha exposición de recortes e notas de prensa que diversos medios de comunicación adicaron á Festa da Prehistoria dende a primeira edición en 2001.
No Pazo de Mos dende o 30 de xullo ao 28 de agosto.
Os cromañóns din: