PROGRAMACIÓN – FESTA DA PREHISTORIA (9ª EDICIÓN, 2010)
6 e 7 de Agosto de 2010
ACTIVIDADES PARALELAS
- EXPOSICIÓN: Do 15 de Xullo ó 21 de Agosto no Pazo de Mos ”ARTE RUPESTRE, OS PETROGLIFOS NO PAPEL“, pinturas de Manuel Ledo (experto en arqueoloxía, prehistoria e membro da asociación cultural “festa da Prehistoria”).
- EXCURSIÓN: Domingo,18 de Xullo, ROTEIRO DOS PETRÓGLIFOS DE LOUREDO.
Saída as 10 da mañá dende o Pazo de Mos – Capela de San Gregorio – Pedra das Cruces – Petróglifo do Salgueirón – Alfacuca (aldea abandonada en proceso de recuperación) – petróglifo de San Antoiño. Remate do roteiro (13:30 h. aprox.)
2º FIN DE SEMANA DE AGOSTO
VENRES 6 DE AGOSTO
- DÍA DA INVOLUCIÓN: o longo de todo o día irán chegando as primeiras tribos ó poboado da Penacova.
- 21:00 h.: Proxección das Curtas da Prehistoria e pola noitiña música de charanga e grupo de percusión.
SÁBADO 7 DE AGOSTO – DÍA GRANDE
Pola mañá
- OBRADOIROS: Útiles de Pedra, técnicas para facer lume, pintura corporal, elaboración de pan e moda prehistórica para os que chegan sen pelexo.
- DEMOSTRACIÓNS: Tiro con arco e tiro con propulsor.
- EXPOSICIÓN “HUMOR E ARTE RUPESTRE”. Mostra de viñetas prehistóricas dos debuxantes do país (coa colaboración especial da revista “A RETRANCA”).
- TÍTERES: a compañía “TANXARINA” presenta o seu novo espectáculo “Troglodita”.
- GASTRONOMIA: Carne ó caldeiro, polbo á feira e asados.
Pola tarde:
- ATAQUE NA COVA: Enfrontamento entre as tribos participantes no Penedo da Pucha. Despois da loita o chamán “Tatán” será o encargado de dar a benvida ás tribos participantes, intercambiar agasallos e transmitirnos a mensaxe dos espíritos.
- XOGOS OLÍMPICOS entre as tribos e a carreira de relevos “NA PROCURA DO LUME”.
- Construción do Monumento Megalítico. LEVANTAMENTO DO MENHIR. ¿seremos capaces de mover unha pedra de 2.000 Kg? ¿e poñela de pé? … que non cho conten, ven a velo.
Pola noite:
- RITUAL DE INVOCACIÓN ÓS ESPÍRITOS DA MÁMOA DA PENACOVA.
- CONCERTOS de:
PESDELÁN O SONORO MAXÍN FALPERRYS
Etiquetas:Prehistoria 2010

ola, para os que non somos de por ai, teredes unha area de acampada ou algo parecido?
Hola Cromañón Eu.
As tendas de campaña tradicionais non están permitidas,xa que o que se fai é contruir cabañas con madeira e recubertas de vexetación.
Todolos anos hai espacio para poder durmir, ademáis o de durmir é o de menos nesta festa!!
Se sodes varios e queredes unha choza teredes que contactar urxentemente con festadaprehistoria@gmail.com
Agardo que fose un exito. E que gostase moito a EXPOSICIÓN “HUMOR E ARTE RUPESTRE”. Saúdos e apertas