Arquivo | Xuño, 2010

Ola “Cromañóns”

30 Xun
Cartel Festa 2010

Cartel Festa Prehistoria 2010

Ola “Cromañóns”, un saúdo de toda a tribo do “Porco bravo” (A.C. Festa da Prehistoria) Estamos a punto de retroceder á Idade de Pedra un ano máis, e xa van nove!

O cartel deste ano é obra de Kiko da Silva, debuxante de cómics e director da revista de humor galego “Retranca”. O debuxo corresponde á última viñeta da historieta que atoparás na páxina seguinte e como verás ademais de humor ten unha mensaxe que reivindica o uso da nosa lingua. O chamán da nosa tribo di que o espírito do “Gran Porco Bravo” fala con nós a través destes debuxos. Manda Carallo!. Podes velos en www.revistaretranca.com ou achegarte polo teu kiosko e pillar a revista.

Manda Carallo

Manda Carallo

Este ano no poboado da prehistoria haberá unha mostra das viñetas prehistóricas que nos achegan os debuxantes do país. Ademais dos colaboradores de Retranca, estarán presentes os deseños dos artistas da Louriña, Juancho Castaño, Isidoro, Seve Lago Palmero, Marcos Escudero, David Burgos, etc,…Se hai algún de estes artistas rupestres na vosa caverna, darlle o recado, estades todos invitados a participar!

Me gusta!

O Cartel da Festa 2010

28 Xun

A festa da Prehistoria 2010 xa está preto, o programa da festa xa está cerrado (podes consultalo neste enlace).

O cartel da Festa da Prehistoria 2010 deste ano é obra de Kiko da Silva, debuxante de cómics e director da revista de humor galego “Retranca”.

Cartel grande da Festa 2010

PROGRAMA DA FESTA DA PREHISTORA 2010

Programación da Festa da Prehistoria 2010.

27 Xun

Cartel Festa 2010PROGRAMACIÓN – FESTA DA PREHISTORIA (9ª EDICIÓN, 2010)

6 e 7 de Agosto de 2010


ACTIVIDADES PARALELAS

  • EXPOSICIÓN: Do 15 de Xullo ó 21 de Agosto no Pazo de Mos ”ARTE RUPESTRE, OS PETROGLIFOS NO PAPEL“, pinturas de Manuel Ledo (experto en arqueoloxía, prehistoria e membro da asociación cultural “festa da Prehistoria”).
  • EXCURSIÓN: Domingo,18 de Xullo, ROTEIRO DOS PETRÓGLIFOS DE LOUREDO.
    Saída as 10 da mañá dende o Pazo de Mos – Capela de San Gregorio – Pedra das Cruces – Petróglifo do Salgueirón – Alfacuca (aldea abandonada en proceso de recuperación) – petróglifo de San Antoiño. Remate do roteiro (13:30 h. aprox.)

2º FIN DE SEMANA DE AGOSTO

VENRES 6 DE AGOSTO

  • DÍA DA INVOLUCIÓN: o longo de todo o día irán chegando as primeiras tribos ó poboado da Penacova.
  • 21:00 h.: Proxección das Curtas da Prehistoria e pola noitiña música de charanga e grupo de percusión.

    SÁBADO 7 DE AGOSTO – DÍA GRANDE

    Pola mañá

  • OBRADOIROS: Útiles de Pedra, técnicas para facer lume, pintura corporal, elaboración de pan e moda prehistórica para os que chegan sen pelexo.
  • DEMOSTRACIÓNS: Tiro con arco e tiro con propulsor.
  • EXPOSICIÓN “HUMOR E ARTE RUPESTRE”. Mostra de viñetas prehistóricas dos debuxantes do país (coa colaboración especial da revista “A RETRANCA”).
  • TÍTERES: a compañía “TANXARINA” presenta o seu novo espectáculo “Troglodita”.
  • GASTRONOMIA: Carne ó caldeiro, polbo á feira e asados.
    Pola tarde:
  • ATAQUE NA COVA: Enfrontamento entre as tribos participantes no Penedo da Pucha. Despois da loita o chamán “Tatán” será o encargado de dar a benvida ás tribos participantes, intercambiar agasallos e transmitirnos a mensaxe dos espíritos.
  • XOGOS OLÍMPICOS entre as tribos e a carreira de relevos “NA PROCURA DO LUME”.
  • Construción do Monumento Megalítico. LEVANTAMENTO DO MENHIR. ¿seremos capaces de mover unha pedra de 2.000 Kg? ¿e poñela de pé? … que non cho conten, ven a velo.
    Pola noite:
  • RITUAL DE INVOCACIÓN ÓS ESPÍRITOS DA MÁMOA DA PENACOVA.
  • CONCERTOS de:

PESDELÁN                  O SONORO MAXÍN                  FALPERRYS

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.