![cartel [Convertido]4 cartel [Convertido]4](http://festadaprehistoria.files.wordpress.com/2009/07/cartel-convertido4.jpg?w=490)
Xa temos eiquí o programa da Festa da Prehistoria ´09
EU NON PEDÍN EVOLUCIONAR!!!
VENRES, 7 DE AGOSTO – DÍA DA INVOLUCIÓN
- Pola tarde: Chegada das tribos.
- Ó solpor: Proxección das Curtas da Prehistoria.
- Á noitiña: Música, con Cé-Orquestra Pantasma.
SÁBADO, 8 DE AGOSTO – DÍA GRANDE
- Pola mañá:
- Obradoiros: útiles de pedra, arqueoloxía, elaboración de pan e pintura corporal.
- Demostracións: tiro con arco e tiro con propulsor.
- Compañía de títeres Tanxarina.
- Grupo de percusión Bata-Unga.
- Gastronomía: carne ó caldeiro, polvo á feira e asados.
- Pola tarde:
- Ataque na cova: Enfrentamento entre as tribos participantes no Penedo da Pucha.
- Recepción: Benvida ás tribos participantes e intercambio de agasallos.
- Xogos Olímpicos entre as tribos e carreira de relevos Na Procura do Lume.
- Construcción do monumento megalítico.
- Invocación ós espíritos da Mámoa da Penacova co chamán Leo e Arremecaghoná.
- Pola noite concertos de:
- O Leo i Arremecaghona
- Skandalo GZ
- La Tuna Rastafari.
- A Banda Potenkim.
DOMINGO, 2 DE AGOSTO

- Excursión as covas naturais de Mos.
Coa colaboración do Clube de Espeleoloxía “Maúxo” visitaremos varias covas naturais, algunhas delas catalogadas coma patrimonio arqueolóxico. Ademáis visitaremos varios lugares de interés histórico: a mámoa e o petróglifo do Salgueirón, o xacemento do Calcolítico de Pedradita, o Coto dos Castros e o Castelo.
Saída: ás 10 da mañá, do Pazo de Mos.
Chegada: ás 13:30 h. aprox.
A ruta faise en vehículos todoterreo cedidos por Rofervigo, S. L.
Para asistir é imprescindible a inscripción previa na seguinte dirección de correo electrónico:
***** Debido o grande éxito de convocatoria da visita ós lugares de interés arqueolóxico de Mos tivemos que modificar os plans iniciais de ir en coche e a excursión farasé maioritariamente a pé. Por iso reducimos o número de sitios a visitar e adiantamos a saída ás 9:30 h, igualmente dende o Pazo de Mos.
Do 15 de XULLO Ó 15 DE AGOSTO:

- Exposición “Mostra da Prehistoria” No Pazo de Mos.

Etiquetas:09, 2009, agosto, exposición, festa, festa da prehistoria, mos, prehistoria, roteiro

de puta madre despois de sete anos sigue