Petroglifos en Mondariz.

30 Nov

Dende a Asociación Cultural Festa da Prehistoria queremos salientar esta noticia que hoxe publica La Voz de Galicia e felicitar ao noso compañeiro Manuel Ledo polo seu traballo.

restos arqueológicos

Mondariz descubre su pasado

Aparecen petroglifos superpuestos que estaban aún sin catalogar

Tierra de manantiales y verdes. Parece que Mondariz gustaba ya hace miles de años. Solo así se explica que el municipio puede presumir de la continua aparición de restos arqueológicos. En esta ocasión se trata de un conjunto de petroglifos descubierto en la parroquia de Queimadelos por Manuel Ledo, en concreto en el monte Penalta. Los grabados tienen una antigüedad de 4.000 años y una de sus particularidades es que las combinaciones circulares concéntricas se encuentran entrelazadas. Además, aprovecharon los relieves de las formaciones graníticas para plasmar los dibujos y dotarlos de mayor realismo.

Los restos no se encuentran documentados, por lo que el arqueólogo Alberte Reboreda ha realizado una ficha técnica del inventario del yacimiento, que lleva el nombre de Pedra das Nocellas, y que está a punto de entregar en la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de la Xunta de Galicia.

«Hay que destacar la buena aceptación que ha tenido entre la comunidad de montes, porque lo normal es que intenten esconderlo para no tener que preocuparse», explica el descubridor, Manolo Ledo. De hecho, los responsables de los terrenos han expresado su intención de recuperarlos. El objetivo de la Entidad Local Menor de Queimadelos es poner en valor los grabados, guardándolos del fuego e instalando un equipo básico. La idea es completar la zona con una mesa interpretativa, un vallado perimetral de madera e indicadores para que se puedan organizar visitas de modo ordenado al yacimiento.

 

Pé da Mula

La medida no es nueva en el municipio puesto que ya se realizó una labor de recuperación con los petroglifos conocidos como Pé da Mula, situados en un área de acceso a una granja de animales y cuyo deterioro fue denunciado ante la Xunta para evitar que uno de los mayores conjuntos arqueológicos de Galicia se viera destruido por las heces y el abandono.

Finalmente la alarma se convirtió en una llamada de atención para las administraciones y la zona fue recuperada y vallada. De hecho, para el conocimiento y disfrute de los vecinos se organizaron visitas nocturnas durante el verano, ya que bajo la luz artificial es cuando mejor se pueden vislumbrar los dibujos. De este modo los aficionados pudieron disfrutar de uno de los mayores laberintos que existen en Galicia, una de las novedades que descubrieron Manolo Ledo y Ángel de Prado, los promotores de la recuperación de los petroglifos.

 

Hacia el campo de fútbol

Ubicar los terrenos de la entidad menor de Queimadelos es sencillo. Después de llegar a Mondariz a través de la A-52 y de la N-120 es necesario atravesar el centro urbano y seguir las indicaciones del campo de fútbol de A Lago. Tras ascender unos metros, aparece el área de descanso, con amplio aparcamiento, zona de recreao y los restos arqueológicos. La zona tiene más de cien hectáreas.

 

 

Maleza

En la actualidad la zona está rodeada de maleza y resulta complicado ver todo el conjunto, pero la Entidad Local Menor de Queimadelos espera recuperar la zona, cercarla y colocar indicadores para los visitantes. En concreto, el lugar está situado al sureste del monte Penalta, a 381 metros sobre el nivel del mar.

II Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro

2 Set

Aloia-Galiñerio

Por unha serra sen eólicos

Día: Domingo 18 de setembro de 2011

Saída: Capela do Monte Aloia as 11:00 h

Chegada: Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios) 15:00 h

Ruta lineal de aproximadamente 10 km (3-4 horas)

Á Chegada lerase o manifesto. Poderás adquirir a túa camiseta do Galiñeiro. Faremos un xantar popular coa comida que traia cada un. Haberá música e animación.

Recomendase levar:

Calzado cómodo

Auga e comida para o final

Autobuses desde Vigo e Vincios. Necesaria inscripción previa *

Zonas de aparcamento no Aloia, Galiñeiro e Prado*

Convoca a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro: A Ría Non de Vende, ADEGA, A.C. Berra Val Miñor, AGA (Asoc.Galega Apicultura), Amigos da Terra, Asoc. ”Festa da Prehistoria”, Asoc. Trece Catorce, Asoc. Veciñal Casco Vello, Asoc. Veciños de Vincios, Asoc. A Groba, Asoc. Mundo Minero, C.C. As Pedriñas, C.M.V.M.C. de Chaín, C.M.V.M.C. de Couso, C.M.V.M.C. de Vincios, C.S. A Revolta, Club Escalada Montaña Azimut, Club Montañeiros Celtas, Club Peña Trevinca M.G., Clube de Montaña Xistra, Clube Espeleolóxico Mauxo, C S A Faisca, Federación A.A.V.V. Eduardo Chao-Vigo, Federación Galega Montañismo, Instituto de Estudos Miñoranos, Outrovigoéposible, Plataforma Defensa da Ría Cíes, Salvemos Monteferro, SOS Serra da Groba,Verdegaia.

*AUTOBUSES

Desde VIGO:

IDA VIGO-ALOIA. Saída as 9:30 da mañá desde a Praza de España de Vigo en dirección o Monte Aloia.

VOLTA VINCIOS- VIGO. Saída o remate do xantar e as actividades as 18:00 horas desde o polígono da Pasaxe en Vincios.

O prezo é de 5 € por persoa

Desde VINCIOS:

VINCIOS-ALOIA. Saída as 9:30 da mañá desde a gasolineira do Polígono da Pasaxe. Non hai autobús de volta xa que o punto de chegada é Vincios.

O prezo é de 3 € por persoa

Para facer a inscrición envía os teus datos a través da web de Montañeiros celtas (enlace a http://www.celtas.net/glg/actividades.php) e ingresa os cartos co teu nome, DNI e punto de partida na conta de Novacaixagalicia 2080 0000 72 0040260769. Si podes envia un xustificante a presidente@celtas.net ou por fax 986 912 220.

*APARCAMENTOS

Os puntos de aparcamento para coches particulares estarán sinalizados en:

Monte Aloia

Vincios (Polígono da Pasaxe)

Prado (fronte a Capela) para quen queira deixar o coche no medio da ruta

Desta maneira podes facer os seguintes percorridos

Percorrido lineal:

Se ides en varios coches aparcar un no Galiñeiro e outro no Aloia e coordinarvos para a ida e o regreso.

Percorrido parcial:

Aparcar en Prado e unirte á marcha nese punto para regresar ao final da marcha a Prado.

Aparcar en Prado, unirte á marcha nese punto, e coordinar cun segundo coche no Galiñeiro para regresar a Prado.

Percorrido circular:

Aparcar na zona do Galiñeiro coa suficiente antelación para facer o percorrido ata o Aloia e chegar á Capela ás 11:00 horas para comenzar a andaina co resto dos participantes.

Aparcar na zona de Prado, coa suficiente antelación para facer o percorrido ata o Aloia e chegar á Capela ás 11:00 horas para comenzar a andaina co resto dos participantes.

Aparcar no Aloia e comezar a Andaina ás 11:00 horas e despois regresar desde o Galiñeiro para recoller o coche.

Proximamente publicaremos na web un plano cos puntos de partida dos buses e os aparcamentos

Máis información:

Montañeiros Celtas 986 438 505 en horario de 19:30 a 21:30 de luns a venres

Tereixa 607522018

Cartaz II Andaina Galiñeiro-Aloia

Etiquetas:

Gañadores mellor vestimenta prehistórica.

28 Ago

Despois dunha dificil deliberación, a organización decidiu otorgar os premios ás mellores vestimentas prehistóricas os seguintes cavernícolas. Moitas gracias a todos os participantes.

Mellor vestimenta de adultos. Salva!

Salva. Gañador do concurso
Salva. Gañador do concurso en categoría de Adultos. (á esquerda na foto)

 Mellor vestimenta infantil. Estes dous pequechos: Asier e África.

Asier e Africa
Asier e Africa, gañadores infantil.

E finalmente o premio para a mellor tribu: Os Rinchus Habilys

Os Rinchus Habilys
Mellor tribu. Os Rinchus Habilys

Etiquetas:, ,

Cine o aire libre, observación das estrelas. Sábado 27

26 Ago

Por culpa da chuvia tiveronse que suspender as actividades programadas para o domingo 14, pero parece que este sábado 27 de Agosto podemos ter unha boa noite (eso dí o chaman de meteogalicia), polo que proseguiremos coas actividades da X edición da Festa da Prehistoria.

As 21:30 no parque da Penacova.

  • Cine o aire libre.  “Na Procura do Lume”, dirixida por Jean-Jacques Annaud. Proxectarase a última versión deste filme.

    En busca del fuego

    En busca del fuego

“A película conta como a tribo dos Ulam sobrevive grazas a que teñen lume, saben coidalo e úsano para quentarse, escorrentar ás feras, etc ,…

Pero ninguén nesta tribo sabe como facer o lume e cando este se apaga por un descoido, todos se decatan de que as súas vidas están en perigo. Un pequeno grupo emprende unha viaxe para recuperalo e despois de pasar por moitos perigos son capturados por unha tribo que coñece unha técnica para facer o lume.

Os protagonistas conseguen fuxir e regresan de volta ao seu territorio coa técnica aprendida”.  

  •  Proxección de fotografías nocturnas de petróglifos, realizada por Ángel de Prado, colaborador habitual da asociación Festa da Prehistoria.
    Petroglifo
  • Entrega de premios ao mellor atuendo prehistórico e mellor tribo da 10ª Festa da Prehistoria. Durante a X Festa da Prehistoria o pasado sábado 13 de Agosto tomaronse fotografías dos trogloditas e tribus que desexaban loitar por ser os mellor “involucionados”. As fotografías dos participantes poden verse na seguinte ligazón. Fotos.

    tribus

    tribus

  • Para rematar, a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3) ofrecerá un obradoiro de astronomia no ceo do Parque da Penacova. Esta fundación adícase á divulgación da Astronomía dende o ano 2007 e xestiona o observatorio astronómico de Forcarei. Na súa web pódese atopar información sobre esta fundación, e tamén na súa páxina en Facebook.

Os membros de FC3 ensinaran como atopar as principais constelacións e o público terá oportunidade de ver a lúa coa axuda dun telescopio. Tamén se poderán ver algunhas perseidas e os monitores responderán ás dúbidas dos asistentes.

Observar as estrelas

Agardamos que o ceo nos permita observar os planetas, constelación etc… Pedimos os chamáns das tribus que invoquen os espítitus do tempo para que teñamos unha noite clara e estrelada. O gran chamán de Meteogalicia observando as vísceras dun porco bravo di que teremos:

Ceos pouco anubrados ou despexados. Temperaturas mínimas en moderado descenso e máximas sen cambios significativos. Vento frouxo do norte pola mañá, moderado do noroeste pola tarde e frouxo do norte pola noite.

De todas maneiras a noite será fresquiña, polo que será recomendable acercarse a Penacova con un pouco de roupa de abrigo, unha mantiña ou unha toalla. Se traedes o voso telescopio poderedes seguir as indicacións dos astrónomos. Cuns prismáticos tamén se pode observar moito mellor o ceo. Tamén pode ser unha boa idea levar unha pequena lanterna para moverse pola Penacova cando se apaguen as luces para a mellor observación do ceo nocturno.

Etiquetas:,

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.